Unha metafísica para a nosa aldea: sobre The Wire

Había ben tempo que non diciamos nada. Tivemos motivos: preguiza, cobiza, absurdo traballo, relacións persoais decepcionantes en extremo…

Levamos unha tempada a querer falar de The Wire, unha serie que nos marcou bastante. Foi desas narracións sólidas que apenas tiveron que recorrer aos cliffhangers coma moitas outras que nos encantan, coma Game of Thrones. A narración que construiu David Simon non precisaba, cremos, deste recurso porque cada capítulo non era exactamente unha unidade pechada relacionada con outro número de unidades que acabarían de compoñer unha tempada que, de mirar os datos de audiencia, daría lugar despois a unha seguinte tempada con este ou aquel aspecto máis potenciado segundo unha trama ou outra pracesen á soberana audiencia.

The Wire, supoñemos que non deliberadamente, cunha audiencia  minguante: desde os catro millóns da primeira tempada até menos dun millón na última. A serie foi pensada desde o primeiro capítulo ata o último coma unidade audiovisual total. Eramos o ollo de vidro a comtemplar o tempo da descomposición material e metafísica de Baltimore. Diríamos que a serie non e unha serie-serie ,máis ben unha película moi moi longa, dunhas  ¿sesenta e pico horas?

Non é moi habitual que unha serie teña un piloto de ritmo tan lento que parece rodado para seducir á moi escasa parroquia de materialistas pesimistas e para ¿early adopters? Non, esquecede esto último.

A serie comeza así.

Unha proeza de diálogo co que xa ficamos namorados pero tamén recoñecemos que foi estraño ver unha serie que representaba realmente a vida dunha comisaría. Si, é tan aburrido coma podedes imaxinar. Ou incluso o traballo do tráfico de drogas está representado moi lonxe dos clixés bastante racistas (as produccións de masas adoitan atribuir un comportamento público impropio a quén está metido nun dos negocios máis lucrativos desta sociedade) senón que aparece coma a merda aburrida e doente de ambición que é: os rapaces sentados no Pit falando sobre se hai que tratar ben aos yonquis porque son clientes ou mallar verbalmente neles porque non son máis ca iso, yonquis. A retorcida e hipócrita concepción da familia dos que están situado no alto da pirámide do tráfico, a desidia da polícia, a ausencia de tecido social comunitario…todo está aí pero presentado cun realismo que fai difícil vela sen mirar o reloxo.

De feito, non é ata o cuarto capítulo cando atopamos esa escena que fai que sigfamos vendo a serie, ou polo menos esa tempada.

Miñas donas, meus señores: ‘The f*ck scene’

Nesta altura vimos clara a relación entre David Simon e Peter Brueghel o Vello.

[Peter Brueghel o Vello é este home de aquí, o da esquerda, o do pincel ]

Pois a cuestión é que Peter Brueghel o Vello adicou a súa vida a pintar escenas da vida cotía das aldeas dos países Baixos. esa manga de herexes protestantes tiñan bo gusto para as artes plásticas. Tivo sona por iso mesmo: pintaba á xente común cando o normal era retratar ás clases que pagan/pagaban pola arte da época. Vese que nalgún intre os neerlandeses fixeron cartos e houbo quen puido pagar o inmenso talento de Brueghel. Estamos en débeda con el, claro.

O tema é que Brueghel, desde o seu punto de vista elevado e as súas fabulosas panorámicas con todo luxo de detalle, agochou unha alegoría en cada imaxe que retratou. A fin de contas, todo era unha crítica contra a vaidade e a cobiza do ser humano e como este labraba a súa propia desgracia deixando que esas ideas tomen a iniciativa na súa vida.

—Peter Brueghel o Vello,  tú tenías mucha rasón, no te hise caso, .

O bo das súas pinturas é que son case inacabales, coma todo bon cadro debe ser. nunca rematamos de admirar a precisión no retrato ou como constrúe un corpo con apenas dúas manchas de pintura.

bruegel0

Hai narración en todo canto recuncho hai no cadro. Isto mesmo acontece en The Wire. Tamén recoñecemos que hai retratos e glosas suficientes desde que a serie chegou á súa fin:  Stringer Bell, McNulty, Omar., Brother Mouzone, Marlo, Rawls, Bubbles, a familia Sobotka, Kima, senador Clay “Sheeiiiiiit” Davis…Hai moi boas análises sobre a significación de cada unha das personaxes e porqué son tan importantes.

Quedaremos para sempre coa clave que aportou un crítico cultural de sona: a personaxe clave é Lester Freamon, un polícia apartado do traballo da rúa por ser demasiado competente no seu traballo. Con Lester Freamon nunca hai un caso doado para pechar e nun mundo onde o fluír dos datos é fundamental non se pode tolerar un parafuso da máquina que queira para un intre para intentar comprender o cadro no seu conxunto, coma facía o noso Peter Brueghel o Vello.

Freamon ofrece as solucións sen saír nunca do despacho. Estuda os casos, compara as probas, pensa, vai de vagar e chega á conclusión: o fío nunca acaba, só muda de nivel.

E ese fío do que están colgados é The Game.

O xogo. Quixeramos analisar aquí a qué se referían exactamente con de xogo. Era o tráfico de drogas? Era abandoar o instituto ben cedo? Era deixar entrar contentores na descarga sen preguntar o que hai? Era publicar novas falsas que dean a imaxe dickensiana que precisan uns progresistas para manetr a boa imaxe deles mesmos por compadecerse dos pobres?

Un pouco de todo. Chegamos á escasa conclusión que o que eles chamaban Game é o que nós chamamos Imperio.

Imperio non son lexións de antidisturbios mallando en ti, nin a lei mordaza , nin a grella televisiva, nin o machismo cotián, nin as bases americanas. Non. Imperio  é alí onde non pasa nada: a normalidade, o día a día sen máis. A asunción de que hai unha realidade dada da que hai que participar , o subtexto da república, do imperio da lei, do que hai por escrito. Si, hai unha normas,  si hai un castigo pero todos sabemos cómo va esto.

Isto, e no outra cousa, é o Imperio e, cremos, The Game.

E tamén opinamos que por esta razón, por estar atacado do idiotismo qu fai que Cutty se pregunte o propio sentido das palabras en troques de aceitar o común e soterrado acordo ao que chegan os interlocutores sobre o significado das palabras, é dicir, da vida. Por iso non pode aturar máis The Game a pesares de que só coñeceu iso, e o presido, na vida.

Pero vaites, que isto só son algunhas impresións. nada serio. Se queredes, falamos máis outro dia.

PD: o noso personaxe favorito era Slim Charles. 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s