Para que remate esta vergoña

De volta para Loureda

 

XL Santos Cabanas

É preciso avisar toda a gente
Dar notícia, informar, prevenir
Que por cada flor estrangulada
Há milhões de sementes a florir.
É preciso avisar toda a gente
segredar a palavra e a senha
Engrossando a verdade corrente
duma força que nada  a detenha.
É preciso avisar toda a gente
Que há fogo no meio da floresta
E que os mortos apontam em frente
O caminho da esperança que resta.
É preciso avisar toda a gente
Transmitindo este morse de dores
É preciso, imperioso e urgente
Mais flores, mais flores, mais flores.

João Apolinário

O conto pode comezar en Quistiláns, en Lugo, en Vigo, en Compostela. Case sempre na rúa. Non te decatas, pero Eles veñen por ti. Están armados. Ti non. Eles invocan leis e detéñente. Lévante. Ti es persoa que te moves, con conciencia. Todo o mundo sabe que vas a manifestacións para esixir dereitos que están roubando…

Ver la entrada original 831 palabras más

Anuncios

Se Mandela triunfara de verdade, non sería visto coma un heroe universal

A seguir, un artigo do filósofo esloveno Slavoj Zizek visto hoxe na edición dixital do xornal británico The Guardian. Tradución por nosoutros.

mandelaDurante as dúas últimas décadas da súa vida, Nelson Mandela foi posto como exemplo de cómo é posíbel libertar ao teu país do xugo colonial sen sucumbires á tentación do poder dictatorial nin adoptares unha postura anticapitalista. Resumindo, Mandela non era Robert Mugabe [Presidente de Zimbabwue] e Sudáfrica ficou coma unha democracia multipartidista con prensa libre e unha vibrante economía ben integrada no mercadp global e inmune a experimentos socialistas toleiróns. Agora, na súa morte, a súa dimensión coma home sabio cheo de compaixón semella confirmada ata a eternidade: hai filmes de Hollywood sobre el –o seu papel foi interpretado por Morgan Freeman quen, por outra parte, interpretou a Deus mesmo noutro filme– estrelas do rock e líderes relixiosos, deportistas e políticos dende Bill Clintón até Fidel Castro están todos unidos na súa beatificación.

Nembargantes, é esta toda a historia? Dous feitos clave permancen ignorados na visión conmemorativa. A vida da maioría pobre de Sudáfrica aínda permanece nos mesmos níveis ca na altura do Apartheid e o ascenso dos dereitos civís e políticos ten a contrapartida do aumento da inseguridade, a violencia e o crime. A mudanza principal foi que a vella clase branca gobernante foi substituída pola nova elite negra. En segundo lugar, a xente lembra o vello Congreso Nacional Africano [CNA, partido de Mandela e organizador da resistencia política contra o apartheid] prometera non só a fin do apartheid senón máis xustiza social, incluso un modelo socialista para o país. ESte pasado radical do CNA foi eliminado aos poucos da nosa memoria. Non se fai extraño ver que entre os mozos negros e pobres medre a ira.

Neste senso, Sudáfrica é tan só outra versión da mesma historia da esquerda contemporánea. Un líder ou un partido resulta elixido con un entusiasmo universal, coa promesa dun “mundo novo”– aínda que, máis cedo que tarde, caen baixo o mesmo dilema: un é quén de tocar os mecanismo do capitalismo ou un decide “entrar no xogo”? Se calquera dificulta estes mecanismo, resulta castigado ben axiña polos movementos dos mercados, o caos económico e toda a pesca. É por isto que resulta moi cómodo criticar a Mandela por ter abandonado a perspectiva socialista tras a caida do apartheid: tivo algunha outra elección realmente? É o camiño cara o socialismo unha opción real?

É doado ridiculizar a Ayn Rand [romancista e “teórica” do turbocapitalismo quimérico, egoísta e irresponsábel], mais hai un chisco de verdade no seu sonado “Himno aos cartos” que sae no romance “A rebelión do Atlas”: “Até que, e a menos que, descubras que os cartos son a raíz de toda a felicidade estarás a pedir pola túa destrucción. Cando os cartos deixen de ser o medio polo cal os homes tratan uns cos outros, entón virá a escravura do home polo home. Sangue, látegos e armas ou dólares. Faga a súa escolla pois non hai outra”. Non dixo algo semellante Marx na súa coñecida fórmula sobre cómo, no universo da mercadoría, “as relación entre as personas collen a apariencia de relacións entre cousas”?

Na economía de mercado, as relacións entre a xente semellan ser relacións de liberdade e igualdade recoñecida por ambas partes: domear a alguén xa non se pode ver directamente. O problema coa premisa oculta de Rand é que, na fin, estás a escoller entre explotación directa ou indirecta, sen máis, e toda alternativa é desprezada por “utópica”. Nembargantes, un debe ter en mente que a pequena verdade da, por outra parte, ridícula ideoloxía de Ayn Rand é a que segue: a meirande lección do socialismo de estado foi que abolir efectivamente a propiedade privada e o intercambio de mercadorías regulado polo mercado sen foormas concretas de regulación social do proceso de produción, necesariamente resucita formas de relacións directas de servidume e domeación. Se simplemente abolimos o mercado (incluída a explotación do mercado) sen procurar reemplazalo cunha forma axeitada de organización comunista da produción e intercambio, a domeación volverá coma vinganza, e con ela, a explotación directa.

A regra xeral di que cando comeza unha revolta contra un rexime opresivo e semi-democrático, coma aconteceu en 2011 en Oriente Medio, é sinxelo mobilizar grandes multitudes con slogans que un só pode caracterizar como aduladoras da masa: “pola democracia”, “contra a corrupción”, por exemplo. Mais depois achegámonos a a eleccións máis complicadas cando a nosa revolta acada as súas metas, decatámonos de que todas as cousas que nos anoxaban (a falta de liberdade, a corrupción social, o empeoramento da nosa vida) non desaparece, senón que muda as roupas. A ideoloxía domeante mobiliza todo o arsenal dispoñíbel para evitar que cheguemos a esta conclusión radical. Comezan a falar de que a liberdade demócratica trae consigo responsabilidades, que todo ten un prezo, que aínda non estamos preparados para a democracia se agardamos milagres dela. Neste sentido, culpabilízannos polo noso fracaso: nunha sociedade libre, coma nos contaran, todos somos capitalistas a investir nas nosas vidas, e temos que poñer máis esforzo na nosa educación en troques de divertírmonos, se é que queremos ter éxito na vida.

Nun nivel máis político, o ministerio de exteriores dos EE.UU. xa elaborou unha detallada estratexia de contención de perigo, canalizando os levantamentos populares en aceptábeis democracias capitalistas, coma fixeron con éxito en Sudáfrica trala caída do apartheid, nas Filipinas depois de Marcos ou en Indonesia após Suharto e noutros tantos lugares. Nesta precisa conxuntura, as políticas radicais de emancipación afrontan o seu maior reto: como dar o paso seguinte tras o primeiro momento de entusiasmo, cómo dar o seguinte paso sen sucumbir á tentación do “totalitario”. En resumo: cómo avanzar desde Mandela sen converterse en Mugabe.

Se queremos permanecer fieis ao legado de Mandela debemos ignorar as bágoas de crocodilo das exequias e centrarnos nas promesas incumpridas do seu liderado. Seguramente podemos supor, tendo en conta a súa grandeza moral e política, que foi nos seus últimos días un vello amargado, consciente de que o seu maior triunfo político e a súa elevación aos altares do heroísmo universal foi tan só unha máscara para agochar unha amarga derrota. A súa gloria universal é tamén un síntoma de que nunca molestou de certo á orde global do poder.