O que prende no tempo: exposición “Ser mujer” de Yuko Kayumi FJ en Compostela

Unha versión da pintura relixiosa protocristiá de Etiopía

Unha versión da pintura relixiosa protocristiá de Etiopía

Os caníbales ficamos melancólicos durante as últimas semanas. Faltamos nas rúas grotescamente soleadas de Compostela e lacazaneamos na covacha, refungando e comendo pipas namentres caletreamos sobre qué actividade poderíamos completar, qué falcatruada quedaba por facer. Xa tiñamos ganas de algo de acción pero en Compostela xa vamos fartos de malvados.

En canto choveu un par de días seguidos, calzamos as katiuskas mais puxemos a trenca e subimos polo camiño que dá á túa porta, dispostos e afoutos para decirche un par de cousas. Pero como vives moi lonxe, paramos antes a ver a exposición da artista plástica Yuko Kayumi no espazo do Instituto Campus Stellae, cunha selección de lenzos de diferentes medidas máis un estupendo collage-book. Toda esta obra está reunida baixo o título “Ser mujer”.

IMG_20131017_115445O primeiro que sentimos foi que o título estaba escondendo algo: efectivamente, nas pinturas atopamos que as protagonistas son, na súa maioría, mulleres e que Yuko Kayumi, delicado pincel, procuraba retratalas niso que chamamos entretempos: neses intres nos que estamos antes ou depois do clímax. Había mulleres a punto de disfrutar extra do sexo; mulleres descansando antes de recoller as labores do campo ou charlando antes de ir a fonte, supoñemos nós. Mas tamén atopamos animais cómicos, señores maiores acaparando todas as cores brillantes e motivos florais. Sendo a figura das mulleres un fío narrativo do conxunto exposto, achamos que faltaba algo.

Seguinte pista: quén diaños é Yuko Kayumi? Kayu, dicimos, é unha pintora xaponesa que retratou parte da vida do común dunha rexión etiópica próxima ao territorio chamado Somalia. Chegou alí canda o seu home, un corsario compostelán. As estampas retratadas trouxéronnos á mente unha vellísima e superadísima discusión: canda a normalización da fotografía en Europa, dacabalo entre mediados do século XIX e comezos do XX dependendo d’onde viviras, chegou un punto de rutura á pintura. Os pintores pensaban : “para qué deixar os lombos e a vista nun retrato académico se a foto faino en menos dun par de horas?” E así foi como decidiron saír á eira a pintar, a ver se collía algo de cor e forma. Así naceu, contado pola vía rápida, o impresionismo que daría pé ás vangardas do século XX.

IMG_20131017_115549Lembramos esa historia porque a obra de Kayu volveu a darlle unha pequena volta a esa situación. Eludindo o contacto foto-pintura que se dá por exemplo no collage, todas as imaxes parecen unha versión en acrílico de fotografías. Só de pensar no tremendo traballo que ten sacar á foto da súa obviedade representativa e reintegrala nun espazo píctorico optimista e cheo de luz como é o de Kayu, xa nos deu o mal. Somos nugallaos, si.

A realidade debuxada e pintada por Kayu é prodixiosa e comunicativa no seu decorrer común. Cuns trazos na construcción dos corpos semellantes á elaborada polos pintores urbanos da época da secesión vienesa, nomeadamente Egon Schiele e Gustav Klimt, xunto o gusto polas cores brillantes atopamos o “clique” do noso encanto pola exposición. Adoramos porque non hai pracer maior cando ollas que a historia se repite.

IMG_20131017_115604Após cen anos namáis, tras a fame e a miseria dos especuladores dos 1920; os proxectos nacionais escangallados, os poetas repartindo labazadas e tiros no Ebro; pintores da man de físicos que reinventan o tempo; a aventura tolísima da primeira onda comunista e a guerra contra o nazi-fascismo; a amenaza nuclear e o refundimento das xentes e os pobos nunha soa urbe interconectada por fibra óptica e cartos e o calote da “fin da historia” e a inclusión do márketing comom asignatura obrigatoria en preescolar chegamos aquí. A que aínda hai historias por contar e non é tal a fin da historia. Kayu non estraga lenzo e é poderosamente narrativa evitando en todo o momento a retranca. Cada historia respira empatía co retratado, degaro por escoitar o que prende no tempo, por superar a evidencia fotográfica e dar unha nova vida ao retratado.

Cando semella que xa non hai novidades neste globo e semella que confundimos a esencia apatrida do capital co alleamento do indivíduo –quén non diría tras vinte anos de publicidade inducida que, de querelo así, podías ser ugandés inda que naceras de pais cataláns en Vilaripòll–unha muller do estremo oriente chegou xunto a un home do estremo occidente a un recuncho africano do que os comúns deste lado só podemos saber desgracias e sacou dalí unha narración poética, compasiva, carnal e divertida. Só podemos dicir que os pobos terán longa vida sempre que haxa unha pintora poeta que queira descubrila.

Saravá Kayu!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s