“Children of men” e o estudo da extinción emocional

Se podedes, lede os titulares da prensa. Curradísimo. Noraboa ao departamento de arte.

Se podedes, lede os titulares da prensa. Curradísimo. Noraboa ao departamento de arte.

Xa dicían Hegel e White Zombie que un bon retrato –ou un replicante coma Roy Batty ou Rachel– fala máis e mellor da persoa representada do que o próprio suxeito podería dicir sobre si mesmo. “More human than human”. O filme do director mexicano Alfonso Cuarón “Children of Men” (2006) acadou o grande éxito ao representar moita da anguria e do espírito da vida na fin dos tempos que atrapa á nosa época. Baseado no romance homónimo de P. D. James, o filme pertence ao xénero da ciencia fición no modo distopía. A sinopse é máis ou menos esta: no ano 2027 Gran Bretaña, que resulta ser o último estado do mundo cun goberno funcional, vive as últimas horas da contra atrás cara a extinción do ser humano: por razóns descoñecidas, ningunha muller do planeta pode ter fillos desde o ano 2007. Esta situación de esterilidade humana non é impedimento para que os novos/vellos conflitos do mundo globalisado continúen vixentes: os movementos migratorios descontrolados cara os centros metro-corporativos; os refuxiados dos conflitos, a posición política dos mesmos refuxiados e a súa dupla verquente de vítima a socorrer e potencial inimigo fundamentalista; o ascenso do homo sacer e a fin en solipse da publicidad que segue, coma sempre, empeñada na construción do ser humano ao modo de frankensteins, aínda que xa non quedarán humanos aos que deconstruír.

Neste marabilloso mundo do pasado mañá, Theo, antigo activista devido en borracho cínico que ao entrar no inferno deixou atrás toda esperanza, atopa de novo a Julian, a ex compañeira sentimental e de barricada que segue na loita. Julian propón algo a Theo e así comeza o argumento principal da película. Se queren vela de certo que quedarán encantado: sensibilidade, emoción, actuacións solventes en principais e secundarios, xiros de guión sorprendentes e verosimilitude cento por cento.

Pero aquí estamos para falar das cousas que fican en segundo plano. O complemento ideolóxico, coma sempre defendemos neste blogue, fica no que só pode verse de esguello case nunca no que se di no primeiro plano. Por este motivo pasamos a poñer en relevo o que máis nos chamou a atención neste filme, tanto polo que supón de extraordinario traballo do equipo coma o que aporta no discurso fílmico que, repetimos, está moi ben contado.

Quietiño aí

Quietiño aí

‘Quietus’, ou cómo o Soma de Huxley atopou un reverso digno de carasas. Lembremos: o soma era esa especie de droga total, que imaxinamos coma mistura perfecta entre LSD e MDMA, que todos os habitantes da civilización tomaban decotío. Estaba mal visto non consumir e moito peor era sufrir, xesto baldío de seu para a sociedade dos Alphas e Betas. O ‘Quietus’ do filme é un medicamento que aforra ao enfermo de esterilidade a anguria de saberse extinto e xa rápido proporciona unha morte indolora. O goberno británico distribúe caixas deste eutanásico mais, coma lembra o personaxe de Jasper (interpretado por Michael Caine), non legalizou a marihuana. Desta volta imaxinamos que o ‘quietus’ disfraza de alegada dignidade e de liberdade para decidir poñer fin á vida –‘nec spe, nec metu’ que dicían os primeiros imperialistas de Europa– unha situación de impotencia, de fin da historia que, claro, poñe os nervos de punta á persona do común. Keep calm, carry on till you get enough, then just sleep and maybe dream. Fatalismo, flema británica ou o último alleamento que queda aos homes que aínda habitan que é seguir coma se non acontecese nada, de certo que nada acontece e a morte xa non dá paso á vida, senón que é a fin total. Xa que nada temos e restamos para soster unha fantasía decadente, pois qué menos que dispoñer dunha morte á altura desa vida: silenciosa, anónima, sen atributos.

fertileEsta moi alegre reflexión leva aos canibalistas canónicos a ollar de novo ao segundo plano. Levamos máis outra na frente. A publicidade non só non morreu neste mundo final senón que emerxe coma a máis perfecta e reciclábel estrutura narrativa en pé. No filme amosan aos telespectadores consumidores de novas e realitis. De feito, a introdución do filme amosa a Theo intentando pedir un café nun starbucks ateigado de xente chorosa que observa a nova da morte do ser humano máis novo do planeta, un tal Diego que vivía na Arxentina e que resulta morto nunha rifa con admiradores. Ata aí. Depois podemos observar cómo o goberno só se comunica con spots curtas: “only Britain prevails”, consellos de seguridade e ordes curtas e sinxelas para cumplir, moi de lóxica elemental todo. Un non pode prevalecer se a normalidade non se asenta no medio do deserto e a catástrofe. Por iso, Gran Bretaña, penúltimo imperio, prevalece: porque a xente segue e aínda non pasa nada.

children-of-men-arizonaPolo que chegamos ao terceiro punto: xente nas gaiolas, redadas a discreción e toda a aparataxe precisa para manter unha situación na calma. Ollamos tras Theo que hai innumerábeis homes e mulleres pechados, acosados por gardas e cans no medio da rúa e como ninguén para a mirar. A cámara racha o relato cinematográfico e imita por uns intres a uyn camarógrafo das novas. Fica xunto a unha señora de avanzada idade que profire lamentos en alemán. Sempre ficamos con dúbidas sobre o que di (non hai subtçitulos desta parte) pero cremos que non está dacordo con que a pechen xunto a negros. Ou algo así. Dito xa que temos moi moi pero que moi poucas nocións de língua xermánica –así somos de rebeldes nesta nosa cova– o facto de que a señora repetise “schwarz” fíxonos pensar que a propria muller víase fóra de lugar alí, engaiolada nunha céntrica rúa de Londres, que ela se cadra non vía mal este remedio extremo (normalización sempre!) pero que era para os “outros”. Tanto para un lado negativo como para o racismo positivo (por exemplo, ese que hai uns anos atribuía aos “balcánicos” cualidades vitais e desbordante sensualidade perante a febleza occidental, idea en parte tirada das pelis de Kusturica) daquí sacamos a dúbida de sempre: “cándo, ónde e por qué empeza “o outro”?”

children-of-men-davidE arribamos ao último punto do que fica no segundo plano: cómo é o estado do abstracto nunha sociedade que está a dous pasos lentos da súa extinción? Obviamente non é o mesmo escenario que propoñen filmes coma Dr. Strangelove, Terminator 2, Matrix, etc que, digamos, penduran na liña da extinción “de súpeto”: por diferentes causas hai un acontecemento-desastre que borra a humanidade convencional e dá lugar a outra situación. Aquí optamos polo contrario: non son os corpos o que desaparecen de contado, senón que ao desaparecer a idea de “mañá” hai outro cento de ideas que esmorecen e quedan moi ben representadasno filme. Por exemplo vemos que os coches empregados teñen un aspecto moderno pero están en mal estado de conservación: xa ninguén se molesta en construir nada. A normalidade vai morrendo de vella pero aínda as persoas insiten sobre a súa continuidade. Cuarón escolle o fenómeno relixioso coma catalisador de parte da anguria da masa e a arte coma vía de escape dos sectores que permancen coma élites funcionais do estado británico. No caso relixioso está claro que a escatoloxía e o desenvolvemento máis pobre do mesianismo toman parte: todos están arrepentidos e fan acto de contrición. No caso da elite, representada por un curmán de Theo que adica os seus esforzos a salvar da ruína as obras de arte de Europa. Vemos o David de Miguelánxelo eivado, sen unha das perniñas e ao coidado dun home nunha crusada por salvar os restos do mellor da produción, dos milladoiros que guiaron ao camiño do `punto no que se atopan agora. Ou só porque “alguén ten que facelo”.

Poderíamos seguir falando máis e máis desta peli, que adoramos pero case é mellor que a vexades ou se xa a vístedes pois animarvos a comentar algo: se estades dacordo ou npon ou se hai algo que queirades aportar. Poñémosvos de menos.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s