Atia of the Julii: economía sexual liberalizada

Polly Walker é Atia

Polly Walker é Atia

Onte puxemos un dvd de ‘Rome’ para ver algo despois da cea… A mellor serie de todos os tempos da HBO!! Queriamos falar do noso personaxe favorito: Atia dos Xulios, interpretada pola actriz británica Polly Walker. Trátase da caracterización ficticia da sobriña de César, Atia Balba Cesonia, mesturada cunha das primeiras ‘femme-fatale’ da historia europea, Clodia (supostamente, esta golfa de enorme intelixencia pasou a historia coma a Lesbia de Catulo, e foi que provocou no duro poeta republicano os versos de “odi et amo”)

É o noso personaxe favorito polo que ten de anti-heroina: actúa sempre movida pola ambición personal, cuxa esfera de influencia apenas si achega aos seus fillos ou ao seu tío, mighty and powerful Xulio César. Só hai un ha cousa clara con Atia: Os xulios prevalecen, aínda que non se sabe cantos deles.

Alén diso, está a obviedade de ser muller nunha cultura mediterránea que diríamos sería machista polos roles que asume cadaquén segundo o sexo ao q pertenza. Pero se ollamos algo máis perto, diríamos que a ideoloxía da clase dominante patricia, a forma na que se deixa ver en Rome, é transferida e deformada para as clases populares, formadas por plebeios, libertos e escravos.  Mentres os patricios entenden toda a súa vida coma a loita polo poder, o ascenso social ou a conservación do status e nesa tarefa homes e mulleres cada un no seu eido (homes que van a guerra ou ao senada, mulleres que empregan o sexo para establecer alianzas ou provocar divorcios e garantir dereitos e continuidades con descendencia).

Esta idea transfirese ás camadas populares cunha especie de “moral”: o home debe ir a guerra, a muller debe gardar a casa. Queiran ou non. E son estrictos coma o carasas no cumplimento do deber. Básicamente, en Rome hai dous tipos de romanos: os sociópatas elitistas e os asesinos brutais low class. Heil the Caesar!

Volvendo a Atia, enumeramos as fazañas nas dúas tempadas  de Roma (se cadra son spoilers pero…a serie ten máis de dez anos xa, así que a chorar a Cangas): escraviza con sexo a Timón, un comerciante xudeo, para que lle entregue un magnífico cabalo que mercara Pompeio (cocónsul da República xunto a Xulio César) para darllo ao César; envía nese mesmo cabalo ao seu fillo de doce anos Octavio até a Galia Cisalpina para que lle entregue en man o cabalo ao seu tío, a viaxe acaba fatal para o rapaz, claro; provoca o divorcio da súa filla e corta a reconciliación posterior pola vía asasina e, sobre todo, inicia unha guerra coa xefa da casa dos Xuños, Servilia. Esta guerra aberta que inclúe desinformación, torturas brutais, violacións asaltos, escravos de enormes penes e seis barrís de xeo. Buah, neno.

Outro tema que provoca discusión na cova é a clase de economía sexual que mostra a serie. Sendo as clases altas as posuidoras dunha economía sexual liberalizada, na que se impulsa e impoñe a búsqueda do pracer sexual sen ligaduras frente á política matronial que é puro negocio (Atia procura ensino profesional para o fillo adolescente en materia de asasinatos e sexo e entrega á súa filla Octavia para casar co seu amante e auténtico amor Marco Antonio por acordos políticos) e pola súa banda, as clases populares nas que as mulleres carecen da autonomía do pracer sexual fóra do matrimonio e son, tachán tachán, simples e valiosas posesións, aínda que non tan valiosas coma un bon escravo tracio. Máis ben, son desas que acoitelas ou deitas no lixo cando xa non cumplen coa súa función. Si, desgraciadamente en Roma facíase así e na serie podemos ver exemplos a miúdo.

O caso é que chegamos á conclusión de que parte da actitude dunha e doutra clase remite á moral dos escravos e a moral dos amos da que falaba Nietzsche –de forma esquemática e dramatizada, é unha serie,  non é un seminario filosófico– pero a nososutros, ao final, lembrounos a un párrafo de Houllebeq:

En definitiva, dixen para min, non hai dúbida de que o sexo na nosa sociedade representa un segundo sistema de diferenciación, completamente independente do diñeiro, e compórtase como un sistema de diferenciación de xeito implacable, polo menos así. Ademais, os efectos de ambos sistemas son estrictamente equivalente. Como premisa liberalismo económico, e por razóns similares, o liberalismo sexual produce fenómenos de pauperización absoluta. Algúns fan amor todos os días, cinco ou seis veces na súa vida, se algunha vez. Algúns fan amor con decenas de mulleres, algúns con ningún. É o que se chama a “lei do mercado”. Nun sistema económico que prohibe o despedimento libre, todo o mundo está máis ou menos, de atopar o seu nicho. Nun sistema sexual que prohibe o adulterio, que xestiona cada un, máis ou menos, para atopar o seu compañeiro de cama. Nun sistema económico perfectamente liberal, algúns acumulan fortunas considerables, outros afundir o desemprego e a pobreza. Nun sistema sexual perfectamente liberal, algúns teñen unha vida erótica variada e excitante, os outros están reducidos á masturbación e á soidade.

Hia que apreciar aos grandes inimigos

Hai que apreciar aos grandes inimigos

Asi pensamos de Atia e asi procede: a piedade, a simpatía, os remorsos son un indicativo de debilidade para a primeira muller romana. A soidade e a perda progresiva da súa autonomía feral, presa dunha dependencia cara Marco Antonio –que abandona a Atia para emprender unha aventura político-sexual-toxicómana con Cleopatra Filopátor) comeza cando remata a súa guerra con Servilia (da que xa falaremos). E Atia fixo por nosoutros,no seu tempo, unha nova visión da ideoloxía aparente e a realmente existente nos nosos días. A aparente é a maioritaria, a dos escravos: nada de sexo en exceso, rigor mortificante do corpo, fidelidade irracional, etc. A realmente existente témola nos anuncios do día  a día: sexo para todo, corre e estate en forma para ter sexo, viaxa para ter sexo, estuda connosco para gañar cartos e ter sexo. Explora, fai realidade as túas fantasías porque é bon e evita frustracións e tal e tal e tal.

O certo é que, coma apuntaba Houllebeq, esta ideoloxía é a base imperial (alí onde nada acontece e manda o costume porriba da norma) e é interesante que a serie aborde este tema xusto no intre en que Roma pasa de república senatorial a Imperio. E vale para nosoutros, para que pensemos en que desque toda a chanfaina da liberación sexual comezou, crucemos pola rúa a grotescos homes de musculatura inútil e mulleres de enormes peitos mentres lemos en foros de internet cada vez máis casos de rapaces que chegan á cumplir os trinta sen ter relacións sexuais. Dá que pensar, non o neguen. Un pouco de Roma, é moito.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s