“Ravenous”, imperialismo caníbal

ravenous carlyleO tempo cinematográfico finisecular foi bastante bo (en resumo) nos Estados Unidos. Quizais foi a última vez que se produciron películas impactantes, con argumentos sólidos e subtís (ou non tanto) referencias históricas e políticas. Alén de bandas sonoras orixinais boas e apropriadas. Mistura axeitada de xéneros: “Strange days”, “Fight club“, “Matrix“, “Magnolia“,  “Ghost Dog“…foron algúns dos filmes daqueles anos. Non é que todos foran un éxito de recadación. É un feito que das que nomeamos, só Matrix e Strange day funcionaron nas salas dos Estados Unidos e Europa, pero se cadra foi o último ano no que producións independentes contaron con medios axeitados e unha distribución non-chafuleira.

Pero nós viñemos a falar de “Ravenous”. Qué dicir! Argumento atractivo, un bo feixe de actores coñecidos e solventes, unha banda sonora axustadísima á acción, producida por Michael Nyman e Damon Albarn e unhas referencias históricas agudas (mitoloxía nativa americana+guerra mexicano-americana+a conquista do Oesta e a Sierra Nevada californiana) e CANIBALISMO. Aí xa caemos rendidos. Colqhoun é un pouco heroe aquí na cova.

Un rápido resumo do argumento, case case libre de spoilers: O capitán John Boyd é destinado a un forte na lonxana Serra Nevada californiana após cometer un grave erro/covardía durante unha das batallas da guerra mexicano-estadounidense. A xente que habita o forte é case un refugallo pioneiro: dous irmáns indíxenas, un doutor culto de mala saúde e alcolismo rampante, soldaos abandonados polas súas ambicións e Boyd. Un día chega un home escocés, Colqhoun, cunha historia arrepiante: é o único que queda dunha caravana que se dirixía ao Oeste e que ficou atrapada pola neve. Segundo conta o escocés, tiveron que practicar o canibalismo para sobrevivir…e aquí comeza a película.

Por qué nos fascina un filme que saiu directamente aos videoclubes? Por varios motivos

  1. O wendigo: doenza sobrenatural recoñecida polos pobos nativos norteamericanos. Un home que come outro home non só devora a carne, senón que posui súa forza, o seu espírito pero queda preso dunha fame constante de carne humana que apenas pode apagar. Se ollamos o lado metafórico qué dicir? O proxecto emancipador que encarnaou a Revolución Americana axiña coñeceu a fame da expansión: masacre dos pobos orixinais, guerras imperialistas ao modo das aristocracias europeas (Ulysses S. Grant definiu deste modo á mesma guerra contra México que sae no filme). 
  2. A relación e revisión do “Destino Manifesto”. Esta doutrina político-mesiánica desenvolvida durante a expansión do século XIX é o xérmolo da manía estadounidense de “exportar democracia” con funestos resultados case sempre. Os colonos ingleses e escoceses (coma Colqhoun) acreditaban que, coma novos israelitas, tiñan o mandato divino de expandírense cara o Pacífico. En virtude deste mandato certo e seguro, tiñan o “permiso” para desplazar  aos pobos que alí vivían. Doutrina protestante: retorcendo a Biblia en beneficio material proprio desde o minuto 1. Os horrores da expansión cara o Oeste causaron tanta pegada na sociedade estadounidense. David Henry Thoreau escribiu “Desobediencia civil” coma unha forma de rexeitar esta pulsión de sangue e cobiza. As súas reflexións sobre a sede de sangue de Deus e a fame de cartos da Patria aínda chegaron frescas hoxe
  3. A constante da monstruosidade do racional. Na cova pensamos que, se cadra, non chegamos a entender ben o de que “o soño da razón produce monstros”. Claro, para nosoutros esta frase indicaba que cando goberna o irracional, a superstición e o medo gobernan os actos da xente. Pero despois desta película, se cadra xa non é tan así. Todos os programas da Modernidade acabaron, seica, nun campo de concentración ou nun gulag. É por iso que durante a década dos ceros terminou de asentarse a doutrina posmoderna, new age, de respeito ao inefábel, aos relatos de culturas acientíficas e a súa posta en pé de igualdade cos relatos da Modernidade (ciencia médica, física, matemática, artística e política). Nun momento do filme, os protagonistas reflexionan sobre o futuro: cos datos empíricos dispoñíbeis, proxectan cómo sería establecerse coma comunidade “apex”. O coñecemento, entón, aparece coma unha arma de dominación e poder e os monstros producidos pola razón andan e falan: crueldade racional que os nativos explican polo medio do mito “wendigo”  e que só pode ser vencida pola moralidade espiritual.
  4. A banda sonora desta película é abraiante. Nyman e Albarn traballan coa base musical de orixe escocesa desde unha perspectiva contemporánea: repeticións, sampleados  que evocan o sentimento de estar isolado e espectante a que a Natureza ataque por fin. Ou que nós mesmos, de tanto mirar aos monstros da Natura, quedemos convertidos en monstros tamén.

Aínda que non é un filme redondo, nin muito menos –falla de ritmo, demasiados personaxes en determinados momentos, unhas conclusións pouco claras– sí que é altamente recomendábel. Polo menos, gaña co tempo. 

Ficha técnica:

Direción Antonia Bird
Produción Adam Fields, David Heyman,Tim Van Relim
Guión

 

Ted Griffin

 

Música Michael Nyman, Damon Albarn, Stephen Foster,Quiltman,Philip Phile
Fotografía Anthony B. Richmond
Protagonistas Guy Pearce, Sheila Tousey,Robert Carlyle, David Arquette, Jeremy Davies,Jeffrey Duncan Jones,Stephen Spinella, Neal McDonough
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s