Amy Hempel, a mamá dos caníbales

hempelNosoutros facemos todo por fame e amor. Abrimos as entrañas dos achegados para saber qué hai dentro e para que as súas partes máis escuras vexan por fin a luz. Non sempre resulta ben pero tampouco quedamos pensando nos erros demasiado tempo porque non somos de concentrarnos…Hai tantas carnes no mundo adiante!

E por amor, señora.

Facem0s o que facemos por inmenso amor á humanidade e aos seus momentos máis breves que acubilla, neses nos que un pensa que xa non haberá un “e despois e despois e despois”. A mamá foi quen nos ensinou a ir por aí. A nosa mamá chámase Amy Hempel. Non é sinxelo falar dela porque, claro, cada un de nós ten que contar unha historia especial e seguramente unha resultaría contradictoria coa outra. Iso si, falámolo e chegamos a varios puntos en común:

  1. O que importa cando lemos as cousas de mamá son as frases porque son curtas e quitan toda a esperanza para meterche dentro do intre vivo. A liña das historias nunca é “eu que son así e asá e teño unha grande vida interior e mira como me autosupero”. Non. A historia é máis ben : “cando Pepita saía da academia co seu novo diploma de francés na man e pensando na viaxe dese verán a Francia, non viu chegar ao camión e quedou incrustada no radiador”. Algo así.
  2. Á mamá non lle gusta que mexeriquemos na casa. Diso nada. Se non temos motivos certos para chorar, ela rápido dá un ou dous. Hai que dicir que os seu primeiro libro chamábase “Razones para vivir” así que xa podedes ver por onde vai o conto: a súa literatura vai de arrepentimento, de sufrimento, de supervivencia e de alucinar coas súas frases, repetimos.
  3. Pode que se ledes algo de poesía xaponesa, ou idea a un recital de Aldaolado, ou escoitades as cancións folk dos Estados Unidos, algunhas delas, atopedes algo de Hempel. A súa precisión terríbel a concisión perfecta de cada sintagma provócanos medos, suores, tremor de perniñas e gana inmensa de deitarnos no chao a dicir “oh si, oh si”. E non somos os únicos. Non inventou a chamada literatura minimalista, pero sen ela non sería o mesmo.
  4. Tendes todos os contos da mamá reunidos en “Cuentos completos” editado en castelán por Seix Barral. Por votación, o noso favorito é “La cosecha”.

E pouco máis. Cando estemos de humor pasaremos algún contiño por esta canle. Permanecede atentos, galopíns.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s