Mecánica da máquina de guerra: “Primeros materiales para una teoría de la Jovencita”

Jacques Fabian Gautier D'Agoty-1717 - 1785Un grupo de homes e mulleres foi detido a finais do 2008 na localidade francesa de Tarnac baixo a acusación de terrorismo. Eis o ponto de partida para a historia do chamado grupo “Os nove de Tarnac”. Polo menos, así comeza nas crónicas dos xornais. Tanto os encausados coma antigos colaboradores rexeitaron sempre esta cualificación, asemade as etiquetas de “anarcoanticapitalistasdestremaesquerda” que facían monte ao carón dos seus nomes nas moi elaboradas pezas informativas asinadas polo Ministerio de Interior francés.

Pero así foi como soupemos deles, non podemos mentir. Desde ese incidente, as obras asinadas polo nomeado grupo Tiqqun pasaron pola cova dos caníbales para servir de alimento. Así foi: “Introducción a la guerra civil”, “Teoría del Bloom”, “La insurrección que viene”, “Llamamiento” pasaron por mans e cacholas e bocas e provocaron sopapos mutuos e tiróns de pelo. O que acontece  sempre que atopamos libros bos e tomamos demasiado café.

A escrita da obra, a penúltima editada en castelán, reproduce unha das metáforas-clixé dos anos noventa e os ceros: a fragmentación, o espello escachado que reflicte anacos inconexos de nós. Iniciada na teoría social por Baudrillard (en Ilusión da fin, por exemplo) a imaxe escarallada da unidade ontolóxica inscrita no percurso histórico empregouse para case todo e deu en chegar a vídeos musicais e anuncios publicitarios.  Tiqqun rexuba no caixón ahistórico da existencia e devolve unha escrita fragmentaria e paródica: o libro combina anacos de publicacións e magazines do “life-style” (o demo a leve) canda as propias reflexións do ser “Jovencita”.

Eres tan original, compleja y profunda"

Eres tan original, compleja y profunda”

O ser devido en “Jovencita” é unha forma-de-non-ser propria das sociedades ocidentais. Dado que xa non hai sociedades libres, nin povos soberanos, nin línguas pouco prácticas alén da biopolítica, a potencialidade do ser metropolitano, o bloom das cidades, é un individuo –home ou muller–preocupado e anguriado. Só a súa superficial beleza, que funciona como terrible pano que oculta un abismo de deseperación e a desquiciada hixiene social que exerce con precisión parecen funcionar neste corpo colonizado para sempre:  “Ya sea camarero, modelo, publicitario, ejecutivo o animador, la Jovencita vende hoy su ‘fuerza de seducción’ como antaño se vendía la ‘fuerza de trabajo’”.

Tiqqun non agarda nada de ninguén, así que neste libro só existe a metafísica crítica e a negación da política. Funciona a nivel filosófico pero a complicada onotoloxía individual que prantexa deixana fóra de calquer tipo de solución política. A saber, “fuxe ou morre aínda máis”. Como puntos a favor, atopamos o excelente desenvolvemento do concepto “Espectáculo” de Debord e a poetización de Agamben. Unha mostra: ” No es tanto que los ciudadanos hayan sido derrotados en esta guerra como que, negando su realidad, se han rendido desde el principio; lo que SE les deja a modo de ‘existencia’ ya no es más que un esfuerzo de por vidapara hacerse compatibles con el Imperio. De esta infinita servidumbre voluntaria a la norma, a una norma cambiante, proviene el hecho de que nunca sepamos con quién estamos… hasta que ocurre algo, y entonces es demasiado tarde.”

Xente, somos macaquiños de ventriloquia e somos falados por un outro, coa súa voz nos beizos nosos e súa man polo buraco xa dilatado. Sentímolo, pero é así.

"Todo o día, toda a noite, peronas de mala calidade"

“Todo o día, toda a noite, peronas de mala calidade”

Por outra banda, a crítica innegociábel que fan da vida nas cidades, asemade a publicidade da comuna como única saída deixannos fríos. Ben, non a todos nós. En verdade, este é o motivos de que nos demos de sopapos á hora do café. Hai caníbales que quererían o seu tarnac. Outros caníbales pensamos que precisamos a outros humanos, cantos máis mellor, para procurarmos o alimento. Esto xa ven desde “Llamamiento. É así:  “El espectáculo no es una cómoda síntesis del sistema de los mass-media. Consiste también en la crueldad con que todo nos remite sin tregua a nuestra propia imagen. El imperio no es una especie de entidad supra-celeste, una conspiración planetaria de gobiernos, de redes financieras de tecnócratas y multinacionales. El imperio está allí donde nopasa nada. En cualquier sitio donde esto funciona. Allí donde reina la situación normal”

A crítica faise máis forte aí donde critica á chamada !esquerda”. Sen querer falar a prol da marca branca política do capital europeo, achamos un trasfondo terrible nesta parte: os fillos das elites francesas fican aborrecidos da militancia  habitual. Nós, que somos da aldea, non o vemos así e parecenos un ataque de “pijerío”.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s