Miguel Palma: Desconforto Moderno

palmaArrinca o blogue na área de arte coa visita ao CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea). A expo que ocupa as salas principais é “Desconforto Moderno” do portugués Miguel Palma. O director do centro, o portuense Miguel Von Haffe, quere recuperar o vencello galego-portugués e trae a obra personal e melancólica de Palma. “Desconforto Moderno” prantexa a complicada relación entre o indíviduo e o proxecto da Modernidade. O lugar que ocupa no desexo personal a vontade de chegar ao mundo do futuro, a desconexión entre a marabilla imaxinada das viaxes alén das barreiras do espacio e do tempo e a realidade do aquén, no que o percurso da Historia confirma que non, que a unificación do mundo concretizouse para que as mercadorías  e non das persoas. segundo Miguel Palma, a Modernidade era un soño de mocidade, unha crenza no proxecto no que a enxeñaría aeronáutica e as comunicacións traerían un mundo limpo, luxoso, ben deseñado pero que na realidade presentouse doutra forma. Isto provocou a melancolía e a reinterpretación persoal dos proxectos que fallaron.

Miguel Palma asombra cunha reinterpretación dos enxeños, mais non sabemos se é unha crítica ao progresivo esvaemento das esperanzas modernas –a mecánica non serve ao corpo, senón que trata de superalo e facelo invisíbel e daí a peza adicada ao B52 que borrou do mapa a Hiroshima e Nagasaki,a perversión de Freud na máquina liberada — ou é unha afirmación da autonomía da arte e dos seus instrumentos fronte á comercialización propria do dadaísmo fenomenoloxista que representan artistas coma Damien Hirst.

redimensionarNese punto, nese intre, a recuperación da mecánica coma xogo de nenos, a incomodidade do obsoleto posto en contradición coa tiranía do novo e a idea de retromodernidade de aldea, cando é o home o que precisa dunha saída lúdica e crítica técnica, lonxe tanto do utilitarismo coma do esteticismo, trae happenings coma o da carrilana mecánica a fume de carozo pola pista abaixo. Por forza, e para nós, é unha lembranza permanente de todo o que temos vivido na terra galega: as festas das Carrilanas de Esteiro, a asombrosa (ou criminal, iso varía segundo o material empregado) reutilización de materiais e a total ausencia de respeito polo considerado “útil, belo e formal”.

Por outra banda, este camiño é solitario. Tremendamente individual e limitado a cuestionar e nunca a afirmar. Non agardamos propostas nin respostas vendo a obra exposta no CGAC e, desta vez, si son necesarias. A experimentación crítica e sorpresiva cos elementos que configuran o imaxinario do consumo moderno (coche e avión) abondan para dar un primeiro paso para que nós pensemos no intre no que estamos, mais o traballo que fai Palma e suxerir e non afirmar.